Border top left cut image
Border middle left cut image
Border bottom left cut image
Border middle right cut image
Border bottom left cut image
Logotipo de momoko.es

Buscar en Momoko

Te presentamos a:
Castelao

Escritor

Libros de Castelao

Otros libros

Portada libro - Cousas
Cousas
Portada libro - Os dous de sempre
Os dous de sempre
Non teñas medo, Ramón; o mar levóuno, o mar dará para outro. [O Rifante]

Velahí un cadro dun pintor; pero aínda hai máis na paisaxe, pois tocan a morto no campanario da Eigrexa e o son é tan amargurado coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adiviñamos en cál casa do lugar hai desgracia porque todas, todas, están tristes.

O tempo engalanóu cunha tona de ouro e prata o vello castelo feudal; os esclavos do fisco sachan o millo nas leiras; antre os salgueiros sombrizos do fondo do val avístase a fouce do río. [A carón da natureza].

—¿Sabes unha cousa? —dixo—. Hai fame ¡fame! na casa do Rifante. Ti xa sabes que nunca pedín nada a ninguén; mais, agota veño petar na túa porta para que me emprestes mil reás. Quero botarlle un balcón novo á miña casa, ¿sabes?, e así a xente que vexa que ando en obra non pensará que os meus non teñen qué levar a boca.

É no intre en que a terra, para se durmir, vaille virando as costas á luz e o fume das tellas, mesto e leitoso, vaise esparezando no fondo do val.

Canales de boa pedra, lagares que lembran fartura, traves apodrecidas, moreas de tella; todo vai amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.

[...] pero da tía Ádega gardo un punxente recordo: Nacéralle no queizo un soio pelo, enribichado como o rabo dunha o. Este pelo, único, amostraba unha fortaleza de vinte xuntos, e saíalle para diante, ofensivo como un corno.

A tía Ádega vive nunha casa pequerrecha, sempre ben encaleada, cunha balconeta de madeira, ante dúas fiestras xemelas, e unha porta de dúas follas. [...] A vella é a gardadora deste apartamento de nascer e morrer vedado sempre ás olladas profanadoras dos alleos. Alí o mesmo aire ten que entrar a furto. A vela durme no leito que veu ó mundo…

O que xa non son faladurías é que viveu amachembrada cun vello empregado da Facenda pública e que se casóu por miragre.

Pouquiño a pouco o malpocado rapaz foi deprendendo o silabario que Pedriño lle ía ensinando a forza de peras, mazáns e pexegos;

Para Rañolas a terra era de todos, como sol, a choiva e o vento.

—«¿Dónde tiés lo robáo, guarra? ¡Dámelo, sinó te mando prender!»

Entón a probe muller abréu o xustillo e sacóu darrentes do coiro uns zapatiño pequerrechiños.

—«Tome, señora, y perdonemé», —marmulóu. E logo tapóuse, a chorar.

¡Ai, o roubado eran uns cativos zapatiños de neno! Algo que nas mans daquela muller endeble, semellaban dous anacos de pan abenzoado.

Cousas de Castelao: análisis, estructura y características de una obra perfecta
Mejores frases de Cousas de Castelao
Os dous de sempre, análisis